xoves, 6 de xuño de 2019

Quoridor



O quoridor é un xogo de mesa de 2 ou 4 xogadores no que tes que chegar ao outro lado co teu peón

CONTIDO

-20 vallas   -4 peóns      -1 taboleiro

PREPARACIÓN

1-Colle o taboleiro e colócao no centro da mesa,ao alcance de todos os xogadores.
2-Cada xogador escolle un peón e o coloca no centro dun lateral.     
3-Danse 10/5 vallas segundo sexades 2/4 xogadores                                                                               
                             
                                                Alexas fotos en pixabay

TURNO DE XOGO

En cada turno,os xogadores poden facer dúas cousas:
1-Mover o peón:O peón pode moverse 1 casilla en todas as direccións excepto diagonal.Se diante túa hai un peón rival podes saltalo e colocarte no outro lado.
2-Colocar unha valla:Podes colocar unha valla en calquera lugar mentres non saia por fóra do taboleiro e non se coloque enriba doutra valla.

A partida remata cando un xogador chega o lado oposto do que comezou. Ese xogador convertese automaticamente en gañador.                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...