mércores, 5 de xuño de 2019

Loony Quest







O loony quest é un xogo de 2-5 xogadores no que hai que trazar liñas.

CONTIDO

-21 cartolinas con niveis polas 2 caras         -5 taboleiros de soporte                  -
-5 pantallas                                                   -Reloxo de arena
-5 rotuladores                                               -5 fichas de personaxes
-5 marcadores de puntuación                       -28 fichas de bonificación
-Taboleiro                                                     -24 fichas de penalización

PREPARACIÓN

1-Escolle todos os niveis dun mundo. Sabes se é dun mundo ou doutro porque o pon na parte de arriba
2-Despois busca o número un, nos niveis do mundo, e colócalo encima do taboleiro.
3-Dalle a cada xogador unha pantalla, un taboleiro de soporte e un rotulador.
4-Colocade ao alcance de todos os xogadores as fichas de bonificación,as de penalización e o reloxo de arena

 TURNO DE XOGO

Un turno é un nivel do mundo. Ao principio,cando todos os xogadores están listos dáslle a volta ao reloxo e todos os xogadores trazan unha liña,se na parte inferior central hai unha,puntos se aparece un punto ou círculos se aparece un círculo.
Tras darlle a volta teñen ou unir dous lugares (liña), facer puntos(punto) ou rodear un obxecto.
Todo o que haia que facer farase enriba da túa pantalla de plástico, (a outra esta colocada polo lado branco). Se pasas por riba dun raio ou dunha bomba,cóllea.
Nun raio pódeche saír:
-Mosquito:Dallo a un xogador e terá que pintar con el enriba do rotulador
-Plátano: Lánzao a un lugar da pantalla doutro xogador e non poderá facer nada nese lugar
-+2 puntos:Suma 2 puntos
-Escoba cunha bomba:Retira unha ficha de bomba que teñas que coller
Nunha bomba pódeche tocar:
Brazo estirado:Tes que debuxar co brazo estirado e non podes poñerte de pé
Bolígrafo suxeitado con 2 dedos:Só podes suxeitar o bolígrafo con 2 dedos
Remuíño: Dalle a volta ao teu taboleiro
2 mans: Debuxa ca outra man
Un ollo tapado:Tes que debuxar cun ollo tapado

Nota:Todas estas funcionan durante un turno
 Se pasas por riba dunha moeda suma un punto.A partida remata cando se xogan todos os niveis do mundo. O xogador con mais puntos ao final será o gañador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...