martes, 7 de maio de 2019

Takenoko

O takenoko é un xogo de 2 a 4 xogadores que consiste en ir facendo obxectivos.

CONTIDO

36 pezas de bambú verde                            46 cartas de obxectivo
30 pezas de bambú amarelo                        4 taboleiros
24 pezas de bambú rosa                              8 pezas de acción
28 hexágonos                                               1 dado do tempo
20 canais de irrigación                                 1 xardineiro e un panda

PREPARACIÓN

1- Busca hexágonos un no que apareza un estanque e colocalo no medio da mesa. Nel coloca o panda e o xardineiro.
2- Dálle a cada xogador un taboleiro e 2 pezas de acción.
3- Colle as 46 cartas de obxectivo e divídeas segundo as cores do dorso.


                                                               David Cernadas Cameán


                                                       David Cernadas Cameán

En cada turno cada xogador lanza o dado do tempo e aplica o resultado segundo saia:
-Chuvioso: Facer crecer nunha loseta bambú.
-Soleado: Permite ao xogador realizar unha acción extra.
-Tormenta: Move ao panda a calquera parcela.
-Nubrado: Permite xogar a un xogador dúas accións iguais,pero non é obrigatorio.
-Ventoso: O xogador obtén unha mellora da reserva.
-Incerto: Pode usar calquera dos tempos anteriores.

Despois de tirar o dado, realizaras 2 accións distintas ( a non ser que o tempo diga o contrario ).
Hai 5 accións distintas:
-Colocar unha loseta: Colle unha loseta e colocala ao lado doutras dúas. Se cando colocas a loseta chégalle auga, coloca un bambú do color da loseta.
-Mover o xardineiro: Move o xardineiro todas as casillas que queiras  en liña recta. Onde acabe coloca un bambú da cor que sea a loseta.
-Mover o panda: Move ao panda en liña recta todas as casillas que queiras en liña recta.
Onde acabe colle un bambú da loseta ( se o hai ).
-Coller un canal: Colle unha peza de canal e se queres podes colocala no borde dunha loseta. Se cando coloques o canal chegas a unha loseta na que non chegase a auga, coloca un bambú da cor da loseta.
-Coller unha carta de obxectivo: Colle unha carta da parte superior dun montón de obxectivos.
     

David Cernadas Cameán

A partida finaliza no momento que alguén ten feitos, segundo o numero de xogadores, 2/3/4 xogadores rematará cando alguén teña 9/8/7 obxectivos.
O xogador que remate a partida levará unha carta que son 2 puntos adicionais.

Os puntos son os números que aparecen na carta de obxectivo.

1 comentario:

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...