xoves, 4 de abril de 2019

Halli Galli



                                                            David Cernadas Cameán

O Halli Galli e un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual.

CONTIDO

A caixa básica trae: 56 cartas con froitas debuxadas e un timbre.

PREPARACIÓN

1-Colocase o timbre no medio da mesa.
2-Un xogador baralla as cartas e reparte todas entre os xogadores que haia na partida.
3-Cada xogador agrupa as cartas nun montón e non mira ningunha carta.
4-Escollese un xogador inicial.

                                           
TURNO DE XOGO                             David Cernadas Cameán

O xogador inicial levanta unha carta cara fora ( ou sexa que a vexan antes o resto de xogadores ).
Isto repítese sucesivamente na orde das agullas do reloxo.
No caso de que ao levantar unha carta queden exactamente 5 froitas iguais boca arriba, hai que ir a tocar o timbre. O primeiro que toque o timbre colle todas as cartas que están a vista e ponas debaixo do seu montón.
Cando un xogador toca o timbre por erro ten que darlle unha carta do seu montón a cada xogador.
Cando un xogador queda sen cartas é eliminado.
Gañará o último xogador que teña cartas.



1 comentario:

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...