martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana1:guerra de Siria

Noticia:Guerra de Siria
Fontes de información: O mundo tras a caída do califato islámico. Encontreino nos periódicos El País e La Razón.
Resumo da noticia:O califato Islámico desapareceu do mapa da guerra de Siria tras ser conquistada a cidade de Al Baguz por Bachar Al Asad que era o xefe de Siria antes de que comezase a guerra. Bachar estaba apoiado por Rusia e Irán mentres que o Califato Islámico esta apoiado polos Estados Unidos
Opinión crítica:A min paréceme moi ben porque a caída do califato pon fin a un sanguenta loita de 8 anos. Aínda que o líder da oposición esta escondido, agora que a guerra xa rematou non tardará en aparecer nalgún recobeco. Aínda que o califato non desapareceu do mapa porque aínda ten territorio en Afganistán, Paquistán e na provincia Sinaí de Exipto eu estou contento de que esa guerra remate.

           
Alexas_Fotos

luns, 25 de marzo de 2019

Impact

                                                                       David Cernadas Cameán                      

O impact é un xogo de 2 a 5 xogadores e é completamente de azar.

Contido


A caixa trae 26 dados de 6 caras cada un.

Preparación


Coloca a caixa, aberta, ao alcance de todos os xogadores e reparte os dados segundo o número de xogadores, para 2/3/4/5 xogadores serán 8/7/6/5 dados para cada xogador. Lanza un dos dados sobrantes ao interior da caixa. Se sae unha cara negra volve a lanzalo ata que non saia unha cara negra.

                                                 
                                                            David Cernadas Cameán
                                             

Turno de xogo


En cada turno o xogador lanza un dado ao interior da caixa. Se ao tirar o dado queda unha cara negra, ese dado queda fora da partida, e se quedan dúas caras iguais o xogador que lanzou o dado colle os dous dados e pasa o turno ao seguinte xogador no sentido das agullas do reloxo e o dado ten que caer dentro da caixa, senón non será valido.Se non lle quedasen dúas caras iguais pode lanzar outro dado ou pasar e o turno iría ao seguinte xogador.
Se cando vas tirar un dado non hai ningún dado na caixa tes que tirar todos os dados que tes
Cando un xogador queda sen dados perde a no ser que na tirada do último dado poda coller dados porque lle saíu unha parella.
Gaña o último xogador que quede con dados.



xoves, 21 de marzo de 2019

Potion Explosion

                                                              David Cernadas Cameán

O Potion Explosión é un xogo de 2 a 4 xogadores que consiste en facer pocións.
                             
CONTIDO

A caixa básica trae:un dispensador,80 canicas de 4 cores distintas(20 por cada cor),4 taboleiros de pupitre,21 fichas de axuda do profesor,15 fichas de mestría, unha ficha de xogador inicial e 64 pocións de 8 tipos distintos.

PREPARACIÓN

1-Dáslle a cada xogador un taboleiro de pupitre.
2-Dáslle a unha persoa,ao azar, o marcador de xogador inicial
3-Colles as 64 fichas de poción e deixas na caixa 2 dos 8 tipos. Eses non se usarán durante a partida.Os outros seis tipos usaranse na partida.
4-Dos seis tipos que usarás na partida apartas todas as pocións que teñan unha estrela na dereita. As mesturas e sacas dúas por cada xogador que este na partida. Cando están sacadas o xogador inicial colle unha,o seguinte xogador, no sentido das agullas do reloxo, colle unha e así sucesivamente ata que se acaben. Deixa o resto de pocións sen estrela ao alcance de todos os xogadores.
5-Cando se collan as pocións cada xogador coloca as súas nos ocos do seu taboleiro. As pocións quedan co lado de cores boca arriba.
6-Pon as canicas no dispensador e colle 4 fichas de mestría se sodes dous xogadores, 5 fichas se sodes 3 xogadores e 6 fichas se sodes 4 xogadores.


                                                             David Cernadas Cameán
TURNO DE XOGO

En cada turno tes que coller unha canica do dispensador. No caso de que ao coller a canica choquen dúas canicas da mesma cor, as dúas que chocan tamén as colles e así ata que deixen de chocar canicas da mesma cor.
Cando acaben todos os choques de canicas da mesma cor, colocas as canicas que collestes nas pocións. Para colocar unha canica nunha poción ten que coincidir a cor de canica co cor de onde a queres colocar.

                                                                  David Cernadas Cameán

Se hai canicas que non podes colocar en ningunha das dúas pocións, serán colocadas nos ocos do sombreiro que hai no teu taboleiro.
Unha poción esta acabada cando non quedan ocos nos que poñer canicas.Cando se acaba unha poción colocase a un lado do taboleiro de pupitre e roubarase unha nova poción das que non teñen unha estrela no lado dereito.
As pocións que están acabadas teñen unha habilidade. A habilidade depende do símbolo que teña a poción na parte de arriba.
 1-Se ten un círculo gris podes coller unha canica do dispensador, pero se chocan dúas da mesma cor non se colleran.
2-Se ten un sombreiro branco colles todas as canicas que están no sombreiro doutro xogador.
3-Se ten un círculo gris e un branco debaixo colles dúas canicas do dispensador que sexan de distinto cor. No caso de que ao collelas choquen dúas da mesma cor non se colleran.
4-Se ten un sombreiro de cores podes poñer  as canicas do sombreiro na poción que queiras sen importar a cor.
5- Se  ten 4 canicas de cores podes coller o ingrediente do final de cada fila do dispensador, pero so podes coller unha canica de cada cor.
6-Se ten frechas podes activar de novo unha poción que xa usases.
7-Se ten 3 círculos grises podes coller 2 ou mais canicas que se encontren xuntas no dispensador. Se se chocasen dúas da mesma cor ao coller as canicas, as que chocan non se collerían.
8-Se hai tres canicas grises e unha branca podes coller 5 canicas da mesma cor que se encontren nunha mesma fila e volvelas a botar polo dispensador.
Cando se usa unha poción dáslle a volta para saber que xa esta usada.
Cando tes tres pocións do mesmo tipo ou cinco de tipos distintos colles unha ficha de mestría.


                                                                David Cernadas Cameán

Cando se acaben as fichas de mestría,lle queda un turno a cada xogador ata chegar o xogador inicial.
A puntuación final é: o número que ten a poción no lado esquerdo mais catro puntos por cada ficha de mestría.
O xogador con mais puntos ao final gaña a partida.

mércores, 20 de marzo de 2019

A miña primeira entrada

Ola xogóns!



Chámome David Cernadas Cameán.


Fago este blog para falar sobre xogos de mesa e explicar como funcionan.




                                                 

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...