domingo, 9 de xuño de 2019

Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual

CONTIDO

-5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libro e rato)
-60 cartas

PREPARACIÓN

-Colle os 5 obxectos e colócaos no centro da mesa,onde podan collelos todos.
-Baralla as cartas e colócaas onde as poden levantar todos


                                     
                                                          Seg fault en flicker
TURNO DE XOGO

Un xogador levanta unha carta. Se na carta aparece un obxecto ca súa cor orixinal  o primeiro en collelo lévase a carta. Se non aparece ningún obxecto ca súa cor orixinal tes que coller o obxecto no que nin apareza o obxecto nin a cor dese obxecto

xoves, 6 de xuño de 2019

Pingüinos

O Pingüinos e un xogo de mesa de 2 a 4 xogadores no que tes que sobrevivir

CONTIDO

-60 pezas de xeo         -16 pingüíns

PREPARACIÓN

1-Dáslle a volta a todas as pezas de xeo e fas filas con elas de 7 e 8 alteradamente e dáslle a volta. Así fase o taboleiro.
2-Cada xogador colle todos os pingüíns dun cor e colle 4/3/2 segundo sexades 2/3/4 xogadores
3-Colocase os pingüíns no taboleiro. Escóllese un xogador inicial e comeza a colocalos, así ata que non queden. Os pingüíns so se poden colocar


TURNO DE XOGO

O primeiro que se fai en cada turno é mover o pingüín todas as casillas posibles en liña recta. Un pingüín non pode pasar por riba doutro, e tampouco saltar ocos do taboleiro.
Cando se acaba de mover o pingüín, o xogador colle a peza de xeo onde estaba o pingüín antes de moverse.
A partida remata cando non se poda mover ningún pingüín. Cada xogador conta o número de peixes que ten e o que máis teña será o gañador. 




Quoridor



O quoridor é un xogo de mesa de 2 ou 4 xogadores no que tes que chegar ao outro lado co teu peón

CONTIDO

-20 vallas   -4 peóns      -1 taboleiro

PREPARACIÓN

1-Colle o taboleiro e colócao no centro da mesa,ao alcance de todos os xogadores.
2-Cada xogador escolle un peón e o coloca no centro dun lateral.     
3-Danse 10/5 vallas segundo sexades 2/4 xogadores                                                                               
                             
                                                Alexas fotos en pixabay

TURNO DE XOGO

En cada turno,os xogadores poden facer dúas cousas:
1-Mover o peón:O peón pode moverse 1 casilla en todas as direccións excepto diagonal.Se diante túa hai un peón rival podes saltalo e colocarte no outro lado.
2-Colocar unha valla:Podes colocar unha valla en calquera lugar mentres non saia por fóra do taboleiro e non se coloque enriba doutra valla.

A partida remata cando un xogador chega o lado oposto do que comezou. Ese xogador convertese automaticamente en gañador.                     

mércores, 5 de xuño de 2019

Loony Quest







O loony quest é un xogo de 2-5 xogadores no que hai que trazar liñas.

CONTIDO

-21 cartolinas con niveis polas 2 caras         -5 taboleiros de soporte                  -
-5 pantallas                                                   -Reloxo de arena
-5 rotuladores                                               -5 fichas de personaxes
-5 marcadores de puntuación                       -28 fichas de bonificación
-Taboleiro                                                     -24 fichas de penalización

PREPARACIÓN

1-Escolle todos os niveis dun mundo. Sabes se é dun mundo ou doutro porque o pon na parte de arriba
2-Despois busca o número un, nos niveis do mundo, e colócalo encima do taboleiro.
3-Dalle a cada xogador unha pantalla, un taboleiro de soporte e un rotulador.
4-Colocade ao alcance de todos os xogadores as fichas de bonificación,as de penalización e o reloxo de arena

 TURNO DE XOGO

Un turno é un nivel do mundo. Ao principio,cando todos os xogadores están listos dáslle a volta ao reloxo e todos os xogadores trazan unha liña,se na parte inferior central hai unha,puntos se aparece un punto ou círculos se aparece un círculo.
Tras darlle a volta teñen ou unir dous lugares (liña), facer puntos(punto) ou rodear un obxecto.
Todo o que haia que facer farase enriba da túa pantalla de plástico, (a outra esta colocada polo lado branco). Se pasas por riba dun raio ou dunha bomba,cóllea.
Nun raio pódeche saír:
-Mosquito:Dallo a un xogador e terá que pintar con el enriba do rotulador
-Plátano: Lánzao a un lugar da pantalla doutro xogador e non poderá facer nada nese lugar
-+2 puntos:Suma 2 puntos
-Escoba cunha bomba:Retira unha ficha de bomba que teñas que coller
Nunha bomba pódeche tocar:
Brazo estirado:Tes que debuxar co brazo estirado e non podes poñerte de pé
Bolígrafo suxeitado con 2 dedos:Só podes suxeitar o bolígrafo con 2 dedos
Remuíño: Dalle a volta ao teu taboleiro
2 mans: Debuxa ca outra man
Un ollo tapado:Tes que debuxar cun ollo tapado

Nota:Todas estas funcionan durante un turno
 Se pasas por riba dunha moeda suma un punto.A partida remata cando se xogan todos os niveis do mundo. O xogador con mais puntos ao final será o gañador.

O Mageknight: un xogo con moitas erratas

                    Mageknight: un xogo con moitas erratas

O xogo máis esperado dos últimos tempos chega,pero con demasiadas erratas 

                                                  

Taboleiro de Mageknight/Chris Brooks en flickr

David Cernadas Cameán, A Pobra 05062019 ás 16:28


O Mageknight é un xogo que antes de que saíse a venta xa estaban todos esgotados. Pero todos teñen moitos faios e aínda non os teñen todos corrrexidos. Polo que xa moita xente estase queixando.
O xogo saíu a venta o 4 maio e dende hai na máis que se ían desvelando faios. Os faios están todos concentrados nas cartas,dende cartas de heroes ata cartas de referencia.
Segundo di SD games (creador do xogo) os faios xa están todos publicados na súa páxina tamén se pode cubrir un formulario para que che envíen as cartas mal feitas a túa casa. Tamén di que o número de queixas foi incalculable.Eles din que nunca volveran a sacar un xogo con tantos faios.
Segundo un comprador do xogo,que se queixou,o xogo viña con cartas moi raras.El que xa sabía xogar cando quixo non podía porque cos errores das cartas era imposible, incluso sabendo como xogar.
Outras compañas de xogos de mesa din que é un desastre que un xogo de mesa non poden ter tantos faios. Eles pensan que isto son valores históricos e din que nunca se volverá a repetir unha cousa coma esta.         




                                             

                                           

martes, 4 de xuño de 2019

Mario García Gómez gaña o campionato mundial de magic

Mario García Gómez gaña o campionato mundial de Magic

Mario García Gómez proclámase campión do mundo de Magic tras derrotar a Anselmo na gran final.


                          Tarot, Tarjetas, Tarjeta De, Profecía, Oscuro, Luz
                                Cartas de Magic./Imaxe de GerDukes en pixabay

                                  David Cernadas Cameán,Madrid 31052019 ás 20:32.

Mario Garcia Gómez proclámase campión do mundo de Magic,un xogo de mesa de cartas no que controlas unha raza para alzala ca vitoria. Proclamouse en Madrid o 31 de maio do 2019.
Mario non partía na lista de favoritos. Sen embargo, derrotou moi rápido ao número 2 do mundo en oitavos de final e xusto despois derrotou ao número 4 do mundo.
Según o director do torneo, Shahar Shenhar, Anselmo intentou impugnarlle a partida dicindo que tiña cartas de mais dunha raza no mazo.Pero despois foise comprobar iso e era mentira.
 Ademais, a policía nacional di que foi un mundial difícil de organizar porque eles non contaban con tanta participación dado que superaron os 400 participantes. Ademais,no sitio que tiñan previsto facelo, non cabían todos os participantes e tiveron que cambialo de lugar.
Tamén, segundo Banco de España, foi bo para a economía do país a organización deste mundial porque houbo moita xente,que participou no torneo,e comprou cartas de Magic. Tamén houbo moita xente que comprou un mazo por curiosidade e para saber como funciona o xogo.
Aínda que non lle foi fácil gañar o campionato mundial,Mario conseguiuno. E ademais esta é a primeira vez que un español gaña un campionato mundial de Magic.
               
                                                                         


Fantasma Blitz

O Fantasma Blitz é un xogo de 2 a 6 xogadores no que hai que ter moita agudeza visual CONTIDO -5 obxectos (pantasma,cadeira,botella,libr...